FESTA VOZ NATURA

Hoxe puidemos desfrutar, un ano máis, da Festa Voz Natura. Un grupo de pais, nais, alumnos e alumnas de infantil e primaria e un grupo de mestras desprazámonos ata o complexo de Acea de Ama en Culleredo, para ver a exposición de traballos de todos os coles participantes, incluido o noso, e visitar os postos e as atracións que como cada ano están presentes nesta estupenda festa.
Este ano Voz Natura celebraba o seu 20º aniversario, e nós con eles, posto que o noso cole leva dende o primeiro ano formando parte do programa da Voz de Galicia.
A nosa A.M.A (Aula de Medio Ambiente) leva xa 22 anos funcionando e traballando en prol do medio ambiente coa idea de mellorar o planeta coas nosas pequenas contribucións en distintos ámbitos.
Pasámolo moi ben neste día e xa estamos pensando que imos facer de cara ao ano que ven. Parabéns Voz Natura!

PREMIADOS NO CONCURSO DO RECICLADO 2017

Xa temos aquí os premiados no 18º concurso do reciclado. Mirade a ver se vos gustan tanto como a nós!


E aquí tedes as fotos da entrega de premios que tivo lugar na biblioteca do centro o xoves día 1. Repartíronse oito premios individuais e oito colectivos. Noraboa a todos os premiados!!!

DÍA EUROPEO DOS PARQUES NATURAIS

Neste semana fixéronse dúas actuacións con motivo do día europeo dos parques. O alumnado de 2º de ESO, cos seus profes José Manuel e Soto, subiron ao Bañal para reprantar buxos na tartaruga, dous cedros, dúas cerdeiras, azaleas e camelias. Fixo un dia fantástico!

A segunda actuación tivo lugar o propio día dos parques naturais, o 24 de maio. O alumnado de 3º e 4º de primaria transplantou unhas arboriñas que quedaran pendentes. Agora xa temos moitas árbores para levar a un novo destino onde poderán crecer e formar un bosque logo duns anos.

Estas son algunhas das nosas contribucións ao coidado da natureza e á preservación do medio ambiente da cal nos sentimos moi orgullosos.

DÍA MUNDIAL DA ÁRBORE

Neste día tan especial o alumnado de 1º de primaria transplantou os castiñeiros que agromaran nos tetrabricks. Como lles gustou ver que as súas árbores continuan a medrar. É xenial ver como daquelas castañas que plantaramos en novembro xa conseguimos moitos castiñeiros, que pouco a pouco seguiran medrando para que os levemos a Marraxón ou ao Bañal para que se convertan en grandes árbores.

O alumnado de 3º e 4º tamén dedicaron algún tempo a sementar, neste caso xeranios limoneiros, perexil, berros, albahaca e caléndula.

Tamén os nenos e nenas de 4 e 5 anos se animaron a transplantar as arboriñas que prantaran en novembro. Podédelos ver en plena faena nestas fotos:

DÍAS DA ÁRBORE E DA AUGA-21 E 22 DE MARZO

  • Día da Auga, proposto pola Conferencia da ONU para o Medio Ambiente e o Desenvolvemento en Rio de Janeiro, en 1992, e adoptado pola Asemblea Xeral, o 22 de decembro do mesmo ano, no que se recoñece a auga potable e o saneamento básico como un dereito esencial para o desfrute da vida e de todos os dereitos humanos.
  • Día da Árbore -tamén chamado Día Forestal Mundial-, recomendado polo Congreso Forestal celebrado en Roma en 1969 e aceptado pola FAO (Organización da ONU para a Agricultura e a Alimentación), en 1971, como recoñecemento aos múltiples servizos que prestan as árbores á vida e á actividade humana, ademais do simbolismo que representan nas diferentes culturas.