ROTEIRO 2017

Dende os Departamentos de E.F. de primaria e A.M.A. propuxemos facer este ano unha camiñata ao colectivo de toda a primaria o día 22 de xuño. Desta maneira e logo da andaina unha experta na transformación da mina en lago , Marisol, explicounos moi clariño todo o proceso dende a existencia de lugares habitados no oco que logo foi mina e posteriormente o lago que temos hoxe. De seguido houbo xogos na Praia e rematamos cunha merenda alí mesmo e volta ao cole. Esta roteiro vense a facer dende hai 8 anos facéndoa coincidir nas datas intermedias do Día Mundial do Medio Ambiente e o remate de curso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *